Tuesday 30 de April de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle este sábado a Audición de Nadal do alumnado da Escola Municipal de Música de Lousame


Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Lousame ofrecerán este sábado 17 de decembro a súa tradicional Audición de Nadal, onde amosarán os coñecementos e avances acadados durante o primeiro trimestre do curso. Un concerto que terá lugar ás 11:30 horas no auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave. Entrada libre e de balde.